Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo

Sen ir máis lonxe, de Roberto Vidal Bolaño

Celebramos o Día das Letras Galegas ofrecéndovos unha pequena xoia rescatada do arquivo da Nasa, gravada no 1999: a obra Sen ir máis lonxe, de Roberto Vidal Bolaño, compañeiro de escenarios de Chévere e tertuliano da barra da desaparecida Nave de Servicios Artísticos de Santiago. Ademais, para renderlle homenaxe a Roberto, fomos cos Chévere a Vista Alegre, barrio do que era orixinario, para lembrármonos del. Agardamos que gocedes co resultado!

Insertar

Roberto Vidal Bolaño: Sen ir máis lonxe (2/5)

Segunda parte deste monólogo escrito e interpretado por Roberto Vidal Bolaño, que ofrecemos integramente ao longo desta semana para celebrar o Día das Letras Galegas. A gravación pertence ao arquivo audiovisual de redenasa.tv e foi feita na Sala Nasa en 1999.