Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo

Y como no se pudrió... Blancanieves

"Y como no se pudrió... Blancanieves"é unha peza escrita, dirixida e interpretada por Angélica Liddell coa compañía Atra Bilis, que se presentou na Sala Nasa en 2005, cando se fixo esta gravación, que agora poñemos a disposición de todo o público interesado como parte do fondo documental da sala.

Insertar

Y como no se pudrió... Blancanieves (3 de 5)

Terceiro corte de "Y como no se pudrió... Blancanieves", unha peza escrita, dirixida e interpretada por Angélica Liddell coa compañía Atra Bilis, que se presentou na Sala Nasa en 2005, cando se fixo esta gravación, que agora poñemos a disposición de todo o público interesado como parte do fondo documental da sala. Na obra utilízase o personaxe de Blancanieves para concentar sobre ela o horror da guerra, a morte, o castigo, a violación, o odio, convertíndoa nunha nena-soldado entre nenos-soldados que aprenden a relacionarse co mal a punta de machete ou a cambio dun prato de comida.

Interpretación: Gumersindo Puche, Angélica Liddell e colaboradores especiais. Deseño de espazo e vestiario: Angélica Liddell. Deseño de iluminación: Carlos Marqueríe. Edición de vídeo: Salvador Martínez. Vicente Rubio. Banda sonora: José Carreiro. Fotografía: Jaime Ortín. Técnico: Eduardo Vizuete. Produción: Iaquinandi S.L. co apoio da Comunidad de Madrid, Consejería de Cultura y Deporte.