Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo
Insertar

A ultranoite volve a Teo!

Logo de máis dun ano, a Ultranoite volve a Teo. Os días 30 de abril e 1 e 2 de maio teremos unha Ultranoite coma as de antes, coma as de sempre, na que non faltarán feitos, sucesos e peronaxes que durante estes meses gañaron por méritos propios entrar no catálogo de fenómenos da Ultranoite.

Atentos porque cambiamos a hora! Desta vez, comezaremos ás 22.00 h.

Como noutras ocasións, haberá un Ultrabús para conectar culturalmente Compostela e Teo.

Ademais do elenco estable da Ultranoite, con Patrica de Lorenzo, Mónica García, Arantza Villar e César Goldi, Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez e Manuel Cebrián, contaremos con convidados de excepción como Os da Ría, e con novas incorporacións que se estrean no escenario da Ramallosa, como as rapazas da Panadaría e tamén Ana Ponte e Nieves Rodríguez.

Se queres, xa podes ir mercando a túa entrada con ou sen ultrabús e asegurando butaca en Redenasa.tv. Non agardas a última hora.

1 comentarios

Javier Abraldes
Javier Abraldes: Lo siento, pero me parecen más cómicos los originales del PP...
|