Un povo que segue saíndo á rúa para defender a súa lingua despois de catro anos de ataques constantes por parte dun governo que só se representa a si mesmo, é un povo con dignididade abonda para mirar confiado ao futuro e con capacidade para resistir e vencer. Pola lingua que nos une, seguiremos xuntos. E somos moita xente, moita máis da que se xuntou nunha Quintana cada vez máis viva. Sabemos que non chega con encher unha praza, hainas que encher todas, usar o galego a cotío e en todas partes, vivir e amar en galego, e ser consumidores responsables da nosa produción cultural en galego. De nós depende, sobre todo, o presente.
Os paraugas da dignidade volven tomar as prazas galegas na defensa da lingua
Gústalle(s) a 3 persoas
1 comentarios
Fai login ou rexístrate para poder comentar
Patricia de Lorenzo:
Pepe Penabade leu unhas palabras de Castelao que parecían ser escritas nestes días.