Patricia de Lorenzo traballou con Roberto Vidal Bolaño en Rastros (1998). Como este ano dedícaselle o Día das Letras Galegas, fálanos da súa figura e rememora como foi traballar con el naquela peza, ensaiada na propia casa do autor.

Sen ir máis lonxe, de Roberto Vidal Bolaño
Celebramos o Día das Letras Galegas ofrecéndovos unha pequena xoia rescatada do arquivo da Nasa, gravada no 1999: a obra Sen ir máis lonxe, de Roberto Vidal Bolaño, compañeiro de escenarios de Chévere e tertuliano da barra da desaparecida Nave de Servicios Artísticos de Santiago. Ademais, para renderlle homenaxe a Roberto, fomos cos Chévere a Vista Alegre, barrio do que era orixinario, para lembrármonos del. Agardamos que gocedes co resultado!