Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo

Citizen II

O proxecto completo de Citizen componse de tres espectáculos autónomos de pequeno e mediano formato, que se foron facendo e estreando na Sala Nasa de Santiago de Compostela ao longo da tempada 2010-2011, como se se tratase dunha obra de teatro por episodios. Cada un deles foi a continuación e a consecuencia do anterior. E ao final, a suma dos tres supuxo un novo espectáculo
de case catro horas de duración.

  • Anterior
  • Seguinte
Insertar

Citizen II (1/5)

Citizen II sitúase dentro das paredes dun taller de confección formado exclusivamente por mulleres, para contar a historia deste fenómeno colectivo, que supuxo a partir dos anos 80 a mobilización masiva de man de obra feminina para levantar un imperio téxtil que nunca lles ofreceu máis ca o mínimo para a súa subsistencia a cambio dunha entrega total. Man de obra a baixo prezo no corazón de Occidente, autoexplotación subvencionada polas administracións públicas, perversión do cooperativismo. Unha forza de traballo de usar e tirar que deixou un rastro de frustración, impotencia e rabia individual.


Citizen II é un traballo feito co corazón e desde o corpo. Transita polo teatro documental ata mergullarse na atmosfera do melodrama. E quere ser unha homenaxe a un grupo de mulleres que seguen defendendo o seu dereito ao traballo, e que nos axudaron a comprender que os medios non xustifican o fin.