Eurozone, o novo espectáculo de Chévere, estreouse no auditorio da Ramallosa, en Teo. Un panfleto teatral sobre a crise da zona Europa e o fin da idea de Europa, que establece un diálogo en escena con Reservoir Dogs, a primeira peli de Tarantino. Como anticipo, deixámosvos este exercicio de apropiación da escena inicial de Reservoir Dogs usando a técnica de dobraxe.
Funcións: venres e sábado ás 21,30h.
Se queres conseguir entradas, podes mercalas en redenasa.tv, tamén con autobús de ida e volta desde Compostela (só os venres), ou nos seguintes locais do concello de Teo a prezo reducido: A Santa Sede (Ramallosa), A Senra (Pontevea), A Capilla (Calo), O Loncho (Casalonga). E na mesma billeteira do auditorio da Ramallosa antes da función.