Este é un resumo do que foi Cacheiras Nadal Comedy, a parte final e máis visible dun proxecto máis amplo que Chévere puxo en marcha en agosto de 2013, realizado en colaboración cun grupo de comerciantes da zona de Cacheiras (Teo) e que titulamos xenéricamente Cacheiras Comercio Creativo.
A idea é utilizar o teatro e a creatividade como factores para a motivación das persoas que traballan no comercio de proximidade, ofrecendo ademais unha imaxe innovadora e lúdica da zona de Cacheiras e visibilizando a súa actividade comercial. Para iso abrimos un proceso de traballo en grupo, conducido pola compañía Chévere, para a creación dunha serie de pezas “teatrais” que se exhibirán dentro dos mesmos comercios, elaboradas a partir de historias propias que expresan a experiencia, a traxectoria, a vivencia, os problemas, as anecdotas, intereses e preocupacións das persoas que traballan no comercio. Foron seis sesións de traballo desenvolvidas entre os meses de setembro e decembro onde se expresaron e debateron temáticas, formatos e estratexias e unha práctica teatral que serviu para traballar coa voz, coa presenza no escenario, o xeito de expresarse en público, e para guionizar ideas, teatralizar situacións e incorporar a creatividade aos labores diarios.
Cacheiras Nadal Comedy foi un evento teatral e comercial de reforzo para a campaña de Nadal que tivo lugar os días 20 e 21 de decembro de 2013. Durante estes dous días os centos de persoas que se achegaron a Cacheiras puideron visitar os oito comercios participantes e asistir a oito intervencións escénicas realizadas de maneira colaborativa entre comerciantes e artistas compartindo escenario e con formatos que foron do stand up ao teatro de obxectos, pasando pola performarce, a entrevista, o musical ou o cine. Sketches e números musicais feitos a partir de experiencias e fobias persoais, anecdotas con clientela e proveedores, problemas sectoriais e desexos non cumpridos expostos polas persoas que participaron no proxecto. Un xeito de poñerlle cara ao comercio e coñecer ás persoas que están do outro lado do mostrador ou da mesa. Un convite a usar o comercio que temos máis perto e a mudar os nosos itinerarios habituais como consumidores.
Esta proposta xurdiu do interese manifestado por algúns comerciantes da zona de Cacheiras para usar o teatro como veículo de dinamización da zona e de motivación dos profesionais do comercio local. E contou co apoio da concellaría de cultura do Concello de Teo, formando parte das actividades incluídas no plan de residencia teatral de Chévere no concello en 2013.
Programa de actuacións
Venres 20 decembro
20,00h. El non o faría (performance). TeoVet clínica veterinaria
20,30h. Dolmen Crisis City (teatro de obxectos). Dolmen baños
21,00h. Alegría (musical). Perruquería Golán.
21,30h. SúperBarMan (stand up). Restaurante Canaletto
Sábado 21 decembro
12,30h. Noite de Pan, noite de amor (cine). Panadería San José
13,00h. Tres en un (comedia telefónica). Inmobialiaria Noval
13,30h. A máquina infernal (café literario). Libraría O Trasno Viaxeiro
14,00h. Tres días non fan un ano (ranchera floral). Hedra floristería
Comercios participantes:
TeoVet, clínica veterinaria
Travesía de Cacheiras, 12, 15883 Teo
981 80 67 65 · teovet.com
Perruquería Golán
Travesía de Cacheiras, 12 Baixo D (Edificio Dolmen) 15883 Teo
665 784 479 619 835 566
Dolmen Baños
Travesía de Cacheiras, 12 (Edificio Dolmen portal 1) 15883 Teo
981 807 688
www.dolmenbanos.es
Restaurante Canaletto
Travesía de Cacheiras 21,Baixo, 15886 Teo
981 80 68 34 · canaletto.es
Panadería San José
Travesía de Cacheiras s/n (Edif. Os Muiños, Bl. 3, P. 5) 15886 Teo
981 80 63 83
Hedra Floristería
Travesía de Cacheiras, 29 Baixo A 15886 Teo
686 994 013
Libraría O Trasno Viaxeiro
Travesía de Cacheiras nº38 P2, B1 15886 Teo
981 80 67 10
www.otrasnoviaxeiro.com
Inmobiliaria Noval
Travesía de Cacheiras 38, Baixo 2.15886 Teo
981 80 67 57
www.noval.es
Idea e creación: Chévere
Actúan: Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Xron, Arantza Villar, Mónica García, Paloma, Ana, Juan, Sonia, Mónica, Isabel, Nely
Arranxos sonoros: Xacobe Martínez Antelo
Arranxos escenográficos: Carlos Alonso
Comunicación: Xana García
Deseño gráfico: Fausto
Vídeo: Pablo Chouza
Unha produción Chévere, compañía residente no concello de Teo, coa colaboración dos comercios participantes.
Este proxecto contou co apoio do Concello de Teo, concellaría de cultura.