Doce bolboreta, unha das cancións senlleiras de Annus Horríbilis, interpretada durante a presentación das actividades programadas para celebrar o 30 aniversario de Chévere durante o mes de xullo. Esta pequena ópera portátil poderá verse no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela) os días 12, 13, 14. O sábado 15 en Tondela (Portugal) e o domingo 16 na MIT Ridadavia. Non deixedes pasar esta oportunidade única de volver ver ao vivo un dos mellores musicais da escena galega, estreado en 1994.
Aquí as entradas: http://entradas.abanca.com/es/record-monograph/30-aniversario-chevere/
Cantan Patricia de Lorenzo e Borja Fernández, acompañados por Miguel de Lira, César Goldi e Manuel Cortés. Ao piano Suso Alonso. Libreto de Pepe Sendón. Música de Fran Pérez Narf.