Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Comentarios

Vaia exemplo que me pos! Pois mira, non fai falta ser nacionalista, nin sequera ter nasido aquí, para falar o jallejo. Aínda que realmente os que paresedes estranxeiros sodes Feijoo e mais ti. 

Tío, en qué mundo vives? Nadie de nuestra edad habla en gallego, sólo los nacionaistas. Que ya lo dijo el presidente de la Xunta de Galicia.

Bo día amijos!  Hoxe erjinme con máis janas ca nunca de loitar pola nosa lingua.  Son jallejo e non o nejo! 

E así remata, querido público, o segundo capítulo desta historia. Mañá será outro día no IES A Cachada de Boiro. Boas noites.

Despois de tanto xogar ao despiste Xiana ten que compartir con alguén o que sente por Romero. A súa amiga Ana andou a lle tirar da lingua, pero non o conseguiu ata hai uns minutos, polo chat privado do Tuenti. Velaquí a transcrición

Xa tardaba Rossi en pedirlle explicacións a Romero. Os que os teñades de amigos no Tuenti xa puidestes seguir a súa conversa, para o resto aquí vos pego esta captura de pantalla cortesía de CachadaLeaks. 

Este é o correo que lle mandou Baldo a Xiana esta tardiña despois da asemblea de Arrobaliza, e a resposta de Xiana. 

É a cicloxénese explosiva ou é o amor o que está no aire? Coido que nesta historia empeza a haber cabos soltos, aínda que confío no respetable público para ser capaz de atalos. E para cabos os que me pasa CachadaLeaks, que acaba de ter acceso ao WhatsApp de Xiana... 

Jonathan que?? Xia, faltaches á asemblea, xa che vale. Mandeiche un mail contándoche o que falamos.