Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Comentarios

Que ben o pasades... e que ben o imos pasar!!! Vivan as fillas do vento!
Sigamos revisando a historia. Nos albores dos ananos habia unha idea de escenografía que consistía en construir un teatriño que servise de escenario dentro do propio escenario. Un teatro a escala coas súas bambalinas, patas, telón de boca, tremoia, etc. dentro do cal se representarían os números. E fóra do cal tamén pasarían cousas: o público podería ver os cambios e as transicións dos propios actores e actrices dun lado a outro e as subidas e baixadas dos diferentes telóns escenográficos que tamén se pensaba que podía haber. Era bonito. E se non botádelle unha ollada ao esbozo analóxico de, unha vez máis, Carlos Alonso.
Seguindo co fío do vestiario, rescato isto que quedou polo camiño: un cruce entre o Coronel Tapioca e o Capitán Tan dos Chiripitifláuticos. Unha visión integradora interxeracional do noso deseñador que afonda no concepto steam punk anano.
Que diría o noso presidente. Son as 11.30 do Día A. ¿Estará o mundo preparado para asistir ao momento en que se desate a ir(oní)a da Ultranoite? Non hai ligaduras que poidan conter o poder do escarnio. E se non, ao tempo.
Xoves 16.30h. Faltan pouco máis de vintecatro horas para que O País dos Ananos bote a andar en Pontevedra. Desde a suplencia, a tensión roza o umbral do insoportable. Os doutores recomendaron repouso e moita paciencia. A eles os quería ver eu chupando banquiño.
O encargado de facer a neve rañando un anaco de poliexpam era eu, que estaba no balcón do Pazo de Bendaña. Foi o meu primeiro traballo en Chévere. O de maior responsabilidade, sen dúbida.

Bo día a todo o mundo. Todo apunta a que hoxe haberá resolución. Veremos como se desenlea toda esta madeixa que ata onte estaba ben enmarañada. Será Romero readmitido? Asistiremos á conversión de Rossi e de Mejuto? Como está Xiana? Agardamos espectantes a que estes Amores Prohibidos sexan, por fin, legalizados.

Bo día. Por dicir algo. Na Cachada, despois do de onte, aínda tremen os cimentos do instituto. A cicloxénese non é un fenómeno atmosférico. É a onda expansiva derivada do estalido dunha guerra filolóxica. Unha guerra á que lle faltan aínda uns cantos episodios. Pois sigamos na trincheira.

Bos días outro día. Onte foi un deses de resaca. Un segundo día digno do primeiro. Porque quen dixo que segundas partes nunca foron boas? A segunda xornada foi ainda mellor que a primeira. Sobre todo para algúns. E o mellor é que SEI que isto non é máis que o principio. Pois para algo son 

Xespir

Dinme os meus informantes que Romero e Xiana continuaron a conversa nun lugar máis íntimo: o chat do Tuenti. O proceloso mundo das redes sociais permite que os futuros amantes se poidan agachar no último recanto que lles queda de privacidade. Menos mal que este vello narrador é omnisciente, e que existe CachadaLeaks para filtrar a transcrición do chat que, antes de deitarse, tiveron Xiana e Romero...   

Velaquí o famoso chat do balcón