Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Comentarios

Pois xa puderon quedar contentos no CDN, pero mais contentos quedamos os espectadores de Madrid, tanto os emigrantes/embaixadores galegos (dos que formo parte) como o resto dos madrileños que foron ver a obra. Quedamos todos encantados. Moitos repetimos e tripitimos. Xa somos parte do clube de fans de Chévere en Madrid, ainda que de momento sexa un clube de fans virtual/emocional. Eurozone: que boa terapia! Sempre pensei que nunca seria capaz de cargarme a ninguén. E que medo darme de conta de que, non só vexo que sou capaz de torturar e aniquilar, senon tamén de disfrutar facéndoo. Bufffff... Vou ter que pedir axuda. Síntome unha auténtica "troikarracho's killer". O peor de todo? Que despois destas semanas facéndonos pensar, desfrutar e rir, agora alguns nos sentimos un pouco orfos. Non vos vai quedar outra que repetir! Menos mal que seguimos estirando o "revival" grazas às críticas que se seguen publicando e que tamén é unha gozada poder ler e compartir. Grazas por este inesquecible Novembro 2013 en Madrid. Novembro Chévere. Agardámosvos no 2014.