Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Comentarios

Ya no contabais comigo eh? Pues en clase me curré una traducción del cartel para que lo pueda entender todo el mundo en Boiro y también fuera, que la Tierra es más grande que vuestras cabezas aunque no lo parezca. Si no es por mí no conseguimos las firmas ni en un año. 

Supoño que xa correría a vos co de Xiana. APARESEU! Terá unha resaca de cabalo, pero está ben. Foise para Compostela na procura de Romero. Ao final a súa desaparisión e o castijo a Romero estaban relasionados como xa imaxinabamos tod@s. Pero ajora inda temos un tema pendente, hai que consejir que Romero volva para a Cachada. E para iso temos que presentar polo menos 200 sinaturas diante do consello escolar antes das sete da tarde! Hoxe imos pejar estes cartaces por todo Boiro, vounos deixar aquí por se aljén quere apuntarse a difundir o tema, toda axuda é boa.

Yo aún sigo sin saber que decir, tio. Ahora tengo clase de Lengua Gallega, me voy concentrar bien a ver si entiendo esto de una vez. Que pasada.

Infórmase que a investigación levada a cabo desde o día de onte pola noite en relación coa desaparición da menor Xiana Souto González deuse por rematada a primeira hora da mañá do día 27 de abril de 2012, ao ser localizada no servizo de urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), onde está a ser atendida dunha intoxicación leve. A menor está custodiada por un axente á espera da chegada da súa familia, que xa está avisada oficialmente. Este é o contido do parte médico facilitado polos facultativos que a atenderon.

Xiana Souto González. Foi atendida ás 06,48 h. do venres 27 de abril no servizo de urxencias do CHUS por unha intoxicación leve por inxesta de alcóol, séndolle prescrito tratamento médico e repouso. Pendente de evolución. Seralle dada a alta nas próximas horas. (tradución literal do orixinal)

Ei, os de Redenasa están tirando a casa pola ventá. Convidan a cervexa a quen se achegue nos próximos minutos aos bares polos que están pasando Ana e Xiana. Apurade! 

Xa vistes o que dixo Mariano. Para consejir o noso obxectivo desta vez temos que estar todos xuntos. Temos pouco tempo e hai que actuar. Quero pedirvos a colaborasión a TOD@S: jallejo e castelánfalantes, deportistas, das traíñas, do volley, os de Cabo e as de Boiro, jrandes e pequenos, do Tuenti, do Twitter, do Facebook... a todos e todas. Incluídas esas persoas que poñen dous ss no nome.

Todo o mundo, a unha:

TEÑEN QUE READMITIR A ROMERO, TEN QUE APARESER XIANA.

Asinade aquí e pasádeo.

Baldo acaba de avisarme para que vexa este vídeo e de aclararme ata onde chega a súa responsabilidade na pelexa de onte. Romero non é un santo pero tal vez non mereza un castigo tan grande. Podería xuntar o Consello Escolar para que reconsidere a súa expulsión, pero para levar adiante ese trámite precisaría dun amplo apoio da comunidade escolar. Vou facer unha excepción: se me conseguides como mínimo 200 sinaturas apoiando unha petición para que sexa readmitido creo que non sería difícil convencer o resto do Consello Escolar. Atentamente, Mariano