
Cia Duelirium
Dúo artístico galego integrado por Mercè Solé e Raquel Oitaven con oito anos de investigación e traballo en proxectos de creación aérea. Formadas en prestixiosas escolas de circo internacionais, desenvolven unha linguaxe orixinal deseñando as súas propias estruturas, elementos aéreos e vestiarios mesturados cun toque persoal .