Celso Dourado
CELSO DOURADO nace en 1960 en Barreiros ( Lugo ).
Á idade de 8 anos sofre un accidente que lle amputa ámbalas dúas mans, feito que marcará tanto a súa existencia como a propia obra.
Realiza estudos de Arte en Madrid, Lugo e A Coruña.
Expón con regularidade a partir dos anos 80 e colabora como ilustrador nalgunhas plublicacións.
A finais dos oitenta, inicia un poxecto que lle ocupará varios anos. Este consiste na creación dun espazo persoal, realizado con materiais de refugallo na meirande parte e ubicado nas proximidades da praia das CATEDRAIS. Albergará vivenda, obradoiro e unha exposición permanente.
A súa obra caracterízase pola utilización dunha figuración con tintes surrealistas, na que as mans son as súas protagonistas. Réndeselle un culto especial á LIÑA en detrimento da COR.
É de salientar o emprego de técnicas non habituais como son o PIROGRAVADO ou as “BOLIGRAFÍAS” (grafías feitas a bolígrafo).
A súa derradeira exposición, foi unha RETROSPECTIVA, titulada “ARREDOR DO DEBUXO”, celebrada no Museo Provincial de Lugo.