Rede Nasa
Ultranoite no País dos Ananos
Este ano cúmprense dúas décadas dende a celebración da primeira ultranoite; vinte anos ininterrompidos durante os que Chévere subiu aos escenarios para escribir a crónica de Galicia a través deste cabaré irreverente e perralleiro. Hoxe, en abril de 2014, Chévere quérelle render homenaxe a este xénero que xa asume como propio e ao que tanto lle debe a través da Ultranoite no País dos Ananos, un cabaré nihilista que bebe da obra de Celso Emilio e da de Jonathan Swift para facer un percorrido satírico por este paseo marítimo que chamamos Galicia. Para saber máis, entra...
-
De Ultranoite con vinte anos máis
Redacción Chévere:No número 95 da edición impresa de Sermos Galiza (8 maio 20149, publícase unha crítica da Ultranoite no País dos Ananos escrita por María Laxe, na que fai un repaso ao que foron as Ultranoite e ao que é esta viaxe ao País dos Ananos. Deixamos aquí unha foto, pero para ler con calma mellor facerse cun exemplar.
Fai login ou rexístrate para poder comentar