Rede Nasa
Ultranoite no País dos Ananos
Este ano cúmprense dúas décadas dende a celebración da primeira ultranoite; vinte anos ininterrompidos durante os que Chévere subiu aos escenarios para escribir a crónica de Galicia a través deste cabaré irreverente e perralleiro. Hoxe, en abril de 2014, Chévere quérelle render homenaxe a este xénero que xa asume como propio e ao que tanto lle debe a través da Ultranoite no País dos Ananos, un cabaré nihilista que bebe da obra de Celso Emilio e da de Jonathan Swift para facer un percorrido satírico por este paseo marítimo que chamamos Galicia. Para saber máis, entra...
-
Today is Anano's day
Manuel Cortés:Que diría o noso presidente. Son as 11.30 do Día A. ¿Estará o mundo preparado para asistir ao momento en que se desate a ir(oní)a da Ultranoite? Non hai ligaduras que poidan conter o poder do escarnio. E se non, ao tempo.
Fai login ou rexístrate para poder comentar