Patricia de Lorenzo
Patricia é integrante de Chévere desde o ano 1994 cando participou no espectáculo Annus Horribilis. Despois de tanto tempo vai aprendendo a non sufrir demasiado nas situacións de pánico que conleva o risco da creación colectiva. De formación actoral practicamente inexistente, confía a cegas na experiencia e nos proxectos nos que se embarca a súa compañía.