Mónica García
Mónica García leva 20 anos subida aos escenarios de xeito profesional, é dicir cobrando por iso. A primeira ocasión foi precisamente co grupo Chévere na súa montaxe Big-Bang. Dende entón leva feito bastante teatro, con compañías como Teatro de Adro, Espello Cóncavo, C.D.G., Cía Marías, Ollomol-Tranvía, Factoría, Redrum, Panamesiana; algo de televisión, Pratos Combinados, Valderrei... , e un pouco cine, Para que non me olvides, O Lápis do carpinteiro, Os luns ao sol... Por estes traballos recibiu varios premios tanto de teatro como de audiovisual, entre eles o Mª Casares en tres ocasións.