Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Ultranoite no País dos Ananos

Este ano cúmprense dúas décadas dende a celebración da primeira ultranoite; vinte anos ininterrompidos durante os que Chévere subiu aos escenarios para escribir a crónica de Galicia a través deste cabaré irreverente e perralleiro. Hoxe, en abril de 2014, Chévere quérelle render homenaxe a este xénero que xa asume como propio e ao que tanto lle debe a través da Ultranoite no País dos Ananos, un cabaré nihilista que bebe da obra de Celso Emilio e da de Jonathan Swift para facer un percorrido satírico por este paseo marítimo que chamamos Galicia. Para saber máis, entra...

Manuel Cortés

Manuel Cortés

O País de MC chámase Chévere, lugar no que habita desde 1992. Antes diso a súa pista é unha sucesión borrosa de lugares como Vilardevós, Tamallancos ou Ronseltz. Un pasado necesario para a existencia do presente. O futuro, de momento, está pendente dun tendón