Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Cancións Ananas

O PAÍS DOS ANANOS

(versión libre do poema "Índices estadísticos para un plan de desenrolo" de Celso Emilio Ferreiro)

O País dos Ananos
limita ao norte coa OTAN,
ao sur con Bruxelas
e cun banco de Frankfurt;
ao leste con tres gaivotas,
ao nordeste coa terra de ningures.


No País dos Ananos
hai cousas nunca vistas:
a xente  vive fóra da lei da gravidade,
coñecen a lei do embudo
e os principios do cazo e da palanca.


O País dos Ananos é un emporio
que vive de milagre.
Produce ao ano escasos doce meses
e tres mil orquestras de pachanga.


Quince mil romarías de La Virgen,
setecentas formas de xantar,
vinte de arroutar
e algunha máis de irse sen pagar.
80.000 millóns en subvencións,
2.000 kilómetros de pistas asfaltadas,
7 lobos per cápita,
10 raposos por contribuínte
e chapapote, moito chapapote,
importado,
recollido,
soterrado.


REFRÁN
E será que entón aínda non teñen
un país moi ben normalizado.


Cinco mil toneladas de papeletas
e un cacique por cada parroquia.
¿É que cicais non teñen os ananos
un país normalizado?
Segundos á cola no mundo en natalidade
e os primeiros de Europa en mortalidade.
Na industria de queimar o monte:
sen rival
non hai outra en Oucidente.


Palabras ocas
Cidades da Cultura
para enterrar o porvir
Auditorios baleiros e sen uso: 9.000
Fábricas con eres
en tramitación: 3.000 ducias.
¿Quen dixo que o país non está normalizado?


Empresas colaboradoras
prá cocacolonización da patria: 100.000
Asteleiros pechados: 700
Polígonos industriais: 5.000
Paseos marítimos: 500
Portos exteriores: un ao lado do outro.
Aeroportos: outros tantos.
Centros comerciais: 7.000
Obras ilegais e pistas asfaltadas: non se sabe,
non hai datos.
Non se sabe, non hai datos.


REFRÁN
E será que entón aínda non teñen
un país moi ben normalizado.
Ai mi má! Ai mi má! Ai mi má! Ai mi má!


Cinco mil toneladas, cinco mil toneladas
Cinco mil toneladas, cinco mil toneladas
Cinco mil toneladas de fardos de planeadora.
Cinco mil toneladas de leite derramado.
Cinco mil toneladas de gorxas silenciadas.
Cinco mil toneladas de mentiras.
Cinco mil toneladas de alta velocidade.
Cinco mil toneladas de cinza.
Cinco mil toneladas de carne de churrasco (Xcb)
Cinco mil toneladas de camándulas e pillos
Cinco mil toneladas de morcegos ilustres
Cinco mil toneladas de pegas piadosas.
Cinco mil toneladas Cinco mil toneladas (bis)
Cinco mil Toneladas

REFRÁN
E será que entón aínda non teñen
un país moi ben normalizado.
Un país ben europeizado.
Un país ben democratizado.
Ai mi má! Ai mi má! Ai mi.

(Audio radio)
Suma total, salvo omisión ou erro:
500.000 quilómetros cadrados
de túneles na noite interminable.

 

DIGO LUAR E BASTA

(letra de Manuel Cortés -inspirada no poema "Digo Vietnam e basta" de Celso Emilio Ferreiro)

Paguen todos a verbena
de onde nunca pasa nada
e paguen tamén a orquestra
que ameniza o panorama

No país dos lobishomes
e das vellas estafadas.
Das vacas de sete patas,
das galiñas violadas.

Véxanse rindo e danzando
en prados, eidos e palcos
e aplaudan a ocorrencia
de ¡vivamos como ananos!

Fermosura de terriña,
tres mil gaitas nunha praza
que fazulas máis belidas
ten a nosa democracia.

Acendan esa ventá
na que os toman por parvos
e asistan cada venres
ao gran baile dos ananos.

Atendan ao gran gurú
conselleiro sen carteira
miren ben como governa
desde a súa discoteca

Non hai novas, hai sucesos
e non se sabe máis nada
e os que ven de outra maneira
é xente manipulada

Fermosura de terriña
tres mil gaitas nunha praza
tres mil gaitas e unha tele
transmitindo a cruzada

Digo Luar e queda dito
todo só nunha palabra
sen apenas dicir nada
digo Luar e digo basta

 

COPLAS PEREGRINAS

E meteu os cinco dedos
e non foi nunha columna
peleghrín a tradición
é ser un fillo de puta

She has put the five fingers
and was not in a column
the tradition pelegrim
is to be a mother fucker

E colleuno polas costas
que non foi dándolle a cara
peleghrín a tradición
é ter que ghardar as cachas

She caught him at the back
and was not by the face
the tradition Pelegrim
is to keep yourself you ass

Deulle un golpe na cabeza
e meteulle un bo ostiazo
peleghrín a tradición
é andar ben aparvado

She has crouke on his head
and he's knocked on the floor
the tradition Pelegrim
is to be a fucking idiot

 

APOSTAR POR DESAPARECER

(letra de Manuel Cortés)

A
paz social
vai
vir por fin.
Non ser máis
forxará
o porvir
desta especie.
O
novo plan:
Non
concibir,
nunca máis
procrear,
elixir
ser estéril.
Deixarán de nacer
cidadáns e máis cidadás
é mellor responder
á chamada antinatural
Hai que tender
a non ser
Asumir
que é de parvos o querer crecer
e apostar por desaparecer
Os ananos serán
Os primeiros en conquistar
o equilibrio mental
Renunciando a evolucionar
Hai que tender
a non ser
asumir
que é de parvos o querer crecer
e apostar por desaparecer


PAPAR ATA REBENTAR

(letra de Manuel Cortés)

Co que máis disfrutan os ananos
é co de xuntarse máis de cen
en montes e chairas
para comer e beber

Collen unha data sinalada
pensan no que poden celebrar
e convocan
o xantar

E a papar ata rebentar
beber ata caer
ritual sociocultural
unha forma de ser.

Tantos días como ten o ano
e así tivese outros cen máis
hai unha festa
na que poder empachar

Viven nunha terra xenerosa
en produtos para degustar
sobran bocas
pra fartar

E a papar ata rebentar
beber ata caer
ritual sociocultural
unha forma de ser.

Chivo ao espeto, porco á grella, viño, pan
mexillón, lamprea, longueirón e bacallay
chocos, congro, peixe espada, ostra, boi
champiñón, cereixa, pataquiña e xamón
callos, pote, empanada e rixóns
xabarín, tortilla, augardente con café.

E a papar ata rebentar
beber ata caer
ritual sociocultural
unha forma de ser.

 

SE QUEDAMOS COMO ESTAMOS POIS VIVAMOS COMO ANANOS

(letra de Manuel Cortés)

(Goldi)
1. HAI UN PAIS NA FIN DE NUNCA MÁIS
ONDE CAMBIAR SEMPRE PODE ESPERAR
MIRA ONDE QUEDA SE QUERES COMPRAR
PORQUE PARA VENDER
SEMPRE HA DE HABER
ALGUÉN.

2. CINCO MIL ANOS OU MAIS
DE TRADICIÓN PRA SALDAR
NO SITIO DE “QUE MÁIS DÁ”
NA TERRA DE “DEIXA ESTAR”.

3. (Coro) SON MOI DE REFLEXIONAR
4. (Goldi) É MELLOR UN MALO COÑECIDO QUE UN BO POR COÑECER
3. (Coro) NUNCA PRA DIANTE MIRAR
4. (Goldi) TRAS DE MIN SEMPRE HA DE VIR ALGUÉN PEOR QUE BO ME HA FACER
3. (Coro) TAMÉN DE POUCO ARRISCAR
4. (Goldi) NON VAIAS PENSAR QUE OS QUE VEÑAN SON MELLOR QUE OS QUE ESTÁN
3. (Coro) E VER, OIR E CALAR.
4. (Goldi) NON SEXAS SOBERBIO, NUNCA SABES DE QUEN HAS DE PRECISAR.

(Coro Grave)
QUITA PRA ALÁ
O QUE ESTÁ
BEN ESTÁ
TEN QUE SER
NON HAI QUE
LLE FACER
XA PASOU
MELLOR NON
REMEXER
DEIXA ESTAR
COMO ESTÁ
PRA SABER
O QUE HAI
QUE FACER
XA HAI ALGUÉN

2ª VOLTA

(Todos)
5. SE QUEDAMOS
COMO ESTAMOS
POIS VIVAMOS
COMO ANANOS

(Goldi)
2. MONTES PRA ELECTRIFICAR
MARES PARA A BANDONAR
ESCOMBROS SEN RESTAURAR
UN PAIS POR LIQUIDAR

3. (Coro) SON MOI DE REFLEXIONAR
4. (Goldi) É MELLOR UN MALO COÑECIDO QUE UN BO POR COÑECER
3. (Coro) NUNCA PRA DIANTE MIRAR
4. (Goldi) TRAS DE MIN SEMPRE HA DE VIR ALGUÉN PEOR QUE BO ME HA FACER
3. (Coro) TAMÉN DE POUCO ARRISCAR
4. (Goldi) NON VAIAS PENSAR QUE OS QUE VEÑAN SON MELLOR QUE OS QUE ESTÁN
3. (Coro) E VER, OIR E CALAR.
4. (Goldi) NON SEXAS SOBERBIO, NUNCA SABES DE QUEN HAS DE PRECISAR.


(Coro Grave)
QUITA PRA ALÁ
O QUE ESTÁ
BEN ESTÁ
TEN QUE SER
NON HAI QUE
LLE FACER
XA PASOU
MELLOR

QUITA PRA ALÁ           
O QUE ESTÁ
BEN ESTÁ
TEN QUE SER
NON HAI QUE
LLE FACER
XA PASOU
MELLOR NON
REMEXER
DEIXA ESTAR
COMO ESTÁ
PRA SABER
O QUE HAI
QUE FACER
XA HAI ALGUÉN

(Goldi)
1. HAI UN PAIS NA FIN DE NUNCA MÁIS ONDE CAMBIAR SEMPRE PODE ESPERAR MIRA ONDE QUEDA SE QUERES COMPRAR PORQUE PARA VENDER SEMPRE HA DE HABER ALGUÉN

3. (Goldi) SON MOI DE REFLEXIONAR
4. (Coro) É MELLOR UN MALO COÑECIDO QUE UN BO POR COÑECER
3. (Goldi) NUNCA PRA DIANTE MIRAR
4. (Coro) TRAS DE MIN SEMPRE HA DE VIR ALGUÉN PEOR QUE BO ME HA FACER
3. (Goldi) TAMÉN DE POUCO ARRISCAR
4. (Coro) NON VAIAS PENSAR QUE OS QUE VEÑAN SON MELLOR QUE OS QUE ESTÁN
3. (Goldi) E VER, OIR E CALAR.
4. (Coro) NON SEXAS SOBERBIO, NUNCA SABES DE QUEN HAS DE PRECISAR.


(Todos)
HAI UN PAIS QUE BERROU NUNCA MÁIS
E QUE ESPERABA VER TODO CAMBIAR
BUSCA POUSADA SE QUERES QUEDAR
PERO TES QUE SABER
QUE HAS MORRER
CON EL