Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo

Eurozone Chévere

Chévere cumpriu todo un reto en 2013 con Eurozone. Unha ambiciosa produción con 8 intérpretes en escena, que chegou ás 50 representacións, con case 7.000 espectadores e que fixo tempada en Madrid durante un mes no Teatro Valle Inclán do CDN. Aquí publicamos unha serie de vídeos do traballo en proceso da obra que Chévere estreou en febreiro de 2013. Eurozone trata sobre a crise, sobre Europa, sobre nós. Buscando unha explicación ao que está sucedendo decidimos establecer un paralelismo entre Reservoir Dogs, a peli de Tarantino, e a crise de soberanía en Europa. Probar a cambiar matóns por políticos e a ver que pasa.

  • Anterior
  • Seguinte
Insertar

Unha tragaperras para xogar cos líderes europeos

En Eurozone seguimos investigando no mundo casino e fixemos esta proba para unha tragaperras dedicada aos líderes europeos. É evidente a relación entre as esfera da economía, a esfera da política e a esfera dos xogos de "azar". O símil do casino para referirse á escena económica actual utilízase a cotío. E nós estamos tratando de introducir un momento-casino na obra, aproveitando que o espazo no que transcorre a acción será unha especie de templo do xogo que non chegou a ser inaugurado, como tantos outros edificios construídos nos últimos anos. 

http://redenasa.tv/gl/eurozone/

1 comentarios

xabierviana
xabierviana: Boa idea, aposto que si: a xente xoga cada 4 anos á lotería coa democracia e aínda non parece aborrecida
|