Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo
Insertar

Ultranoite San Martiño, chegou o inverno!

Chegou o inverno e a Ultranoite xa está aquí vestida de neve, frío e chuvia para dar conta da actualidade. A estrea será o día 31 de outubro, noite de Samaín e mortos vivintes, e haberá máis funcións os días 4, 5 e 6 de novembro. Todos os días ás 22h., agás o domingo que será ás 20h.

Desta vez, coa colaboración de Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Xron, Arantza Villar, Clara Gayo, Borja Fernández, Iván Marcos, César Goldi, Diego Anido, Pepe Penabade, Juan Moredo e A Panadaría e co acompañamento musical ao vivo de Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez e Manuel Cebrián, falaremos de maiorías absolutas e ritmos caribeños nun país de verbenas eternas, onde as elites procrean despois dos 50 anos e os bebés nacen vellos. Fóra do Telón de Grelos hainos que tamén se resisten ao frío e Mariano ignora a evidencia da corrupción acompañado por unha lexión de Camiñantes Brancos. Rita, a mítica raíña de Levante, sen embargo, prepara a súa vinganza contra o escuro Goberno en Funcións. E máis alá do Mar Angosto, todo está preparado para a batalla dos bastardos. Tamén haberá tempo para contar a historia do incauto Don Pedro.

Entradas adiantadas á venda en Redenasa.tv (internet), e a partir do 20 de outubro en: A Santa Sede (Ramallosa), A Senra (Pontevea), A Capilla (Calo), Panadaría San José (Cacheiras) e Scq Café (Compostela). As entradas restantes poranse á venda na billeteira da sala unha hora antes do comezo da función.

Coma sempre, haberá un autobús que conectará Compostela coa Ramallosa antes e despois da Ultranoite.

 

1 comentarios

Verónica Castro
Verónica Castro: Moi bon! Gracias por arrancarme unha gargallada!
|
Gústalle(s) a 1 persoas