Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo
Insertar

Ultranoite cooperativismo en Teo

En Outubro de 2010 Chévere presentou no Auditorio Municipal da Ramallosa (Teo), promovida por ese concello, esta Ultranoite dedicada ao cooperativismo. Trátase de usar o teatro como instrumento de sensibilización e comunicación de temas como, neste caso, o cooperativismo. Aproveitar a capacidade do teatro para establecer un diálogo directo co espectador co fin de transmitir conceptos, ideas ou coñecementos de calquera outra disciplina.

En 2012 o concello de Teo acollerá en residencia á compañía Chévere, tras chegar a un acordo de cesión do auditorio municipal e de co-financiamento do proxecto, que conta tamén co soporte e apoio de Agadic. Así que a partir de agora Teo será o escenario para as Ultranoites, para os espectáculos de Chévere e para moitas máis actividades culturais, escénicas e teatrais. Despois de 25 anos traballando en Santiago de Compostela, Chévere emigra a un lugar máis acolledor para reinventarse, onde se respiran as gañas de facer cousas.

Contamos con todos vós nesta nova aventura!

5 comentarios

Xabier R
Xabier R: yupiiiiiiiiii
|
Borja Fernandez
Borja Fernandez: a tooooope !
|
marcos ptt
marcos ptt: Jajajajaj! Moooola!
|
Patricia de Lorenzo
Patricia de Lorenzo: Mudanza!
|
Tomás Lijó
Tomás Lijó: Epppale !
|