Algunhas das formacións máis interesantes e singulares da escena musical galega subiron ao escenario da Nasa durante os dous últimos anos dentro do ciclo Redenasa.son. Se non os vistes en directo, esta semana tedes unha nova oportunidade.
Ondas Martenot - Antón Papaqueixos (baixo), Amil (batería), Cristina Sonoro Maxín (teclado) e o Leo Arremecághona (guitarra e voz), Xosé Manuel Pereiro, Manu Clavijo e Das Kapital, o novo proxecto de Leo, Marcos Payno e Dani Salgado xuntáronse na Nasa o 31 de marzo para rendirlle este tributo a Lois Pereiro, no que MCortés oficiou como mestre de cerimonias.
Querémoslle dar as grazas a Xosé Manuel Pereiro por deixarnos empregar fotografías da súa propiedade para a elaboración deste vídeo.