No adestramento de hoxe á mañá os Chévere sufriron unha baixa importante de cara á estrea do novo espectáculo da compañía, Viaxe ao País dos Ananos. Manuel Cortés, un dos indiscutibles do equipo titular e que afrontaba con renovadas ilusións e enerxías a vindeira estrea, sobre todo despois de ser nominado como actor aos María Casares, sufriu unha caída que lle ocasionou a rotura do tendón de Aquiles. Unha lesión grave que lle obrigará a pasar polo quirófano nos próximos días e a permanecer de baixa durante tres meses. Malia a dor do momento, Cortés atópase en perfecto estado xunto á súa familia despois de ser atendido con rapidez e eficacia polos doutores da compañía, que lle inmobilizaron a perna esquerda con escaiola e vendaxes axeitadas.
Tres meses de baixa
Gústalle(s) a 3 persoas



6 comentarios
Fai login ou rexístrate para poder comentar

Javier Abraldes:
Un abrazo, Manolo, ¡eso no es nada!, ¡enseguida estás dando guerra otra vez!

Borja Fernandez:
grande Manolo, moito ánimo !!

Expo:
Pois se o tendon é de Aquiles que operen a Aquiles. Venha mozo vemonos nos bares de xevis!!

Arantza Villar:
Manolo, querido, ímoste botar moito de menos!!!!

Xacobe Martínez Antelo:
Ánimo aí compañeiro Cortés!!!! segues con nós!!!! Avanti toda!!!!

Chévere:
Ánimo compañeiro. Querémoste.