Eroski Paraíso é a primeira produción da compañía Chévere despois de recibir o Premio Nacional de Teatro. Estreada en marzo de 2016 en Donostia, despedirase a comezos de 2019 superando as 120 funcións en 63 localidades de 12 comunidades autónomas, con asistencia de máis de 30.000 persoas, converténdose nun dos espectáculos galegos máis visto e con maior proxección estatal dos últimos anos. En Madrid foi programada durante un mes nas Naves de Matadero, esgotando as entradas a última fin se semana. Tamén se presentou en teatros tan importantes como o Central de Sevilla, esgotando as entradas nas dúas funcións, no Corral de Comedias de Alcalá, no Teatro del Mercado de Zaragoza, no Teatro Alhambra de Granada, en festivais como o de Autores Contemporáneos de Alicante, Tercera Setmana de Valencia... Agora despídese cunha xira, que se espallará de outubro a marzo de 2019, visitando A Coruña, Granada, Benavente, San Fernando de Henares, Oviedo, París, Verín, Gondomar, Vigo, Pontevedra, Teo, Ribadeo, Lugo e Pamplona.
Estas son as datas que quedan en 2019:
Venres 18 xaneiro, 20,30h. Vigo, Teatro A Fundación
Sábado 19 xaneiro, 20,30h. Pontevedra, Auditorio A Fundación
Venres 25, sábado 26 21,00h. e domingo 27 18,00h., Teo, Auditorio Constante Liste
Sábado 2 febreiro 20,30h. Lugo, Auditorio Gustavo Freire
Domingo 3 febreiro 20,00h. Ribadeo, Auditorio Hernán Naval
Domingo 10 marzo 19,00h. Pamplona, Teatro Gayarre
Venres 3, sábado 4, domingo 5 maio, Palma de Mallorca, Teatre del Mar
Eroski Paraíso é unha comedia documental que explora a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación das relacións dentro dunha pequena comunidade da costa galega a partir de historias reais recollidas sobre a sala de festas O Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990, e que pouco despois foi convertida nun supermercado Eroski, un feito que, mudando os nomes, repítese en infinidade de lugares.
A obra aliméntase do innato sentido do humor de Chévere, profundizando nunha perspectiva crítica da realidade contemporánea e explorando novas zonas de intersección entre a linguaxe cinematográfica e o teatro. Planeada como unha rodaxe dunha película documental, Eroski Paraíso retrata o desarraigo que arrastrou a unha parte da nosa sociedade fóra da súa casa, da súa paisaxe, da súa fala, dos seus costumes, dos seus afectos, da súa comunidade de orixe e da súa propia memoria. Porque o paraíso prometido polo Estado de Benestar en realidade ten a forma dun supermercado.
No primeiro semestre de 2018 podes ver a obra en Galicia neste escenario:
Ponteareas, 18 de marzo
Durante o último cuatrimestre de 2017 podes ver a obra en Galicia nestes escenarios:
Cee, 24 agosto
Carballiño, 5 setembro
Moaña, 7 outubro
Ferrol, 4 novembro
Rianxo, 16 decembro
Durante o primeiro trimestre de 2017 podes ver a obra nestes escenarios:
Teatro Principal, Ourense, 13-14 xaneiro
MadFeria, Feria Artes Escénicas de Madrid, 18 xaneiro
Sala Max Aub, Naves del Español en Matadero, Madrid, 19 xaneiro a 5 febreiro (martes a domingo)
Teatro Noela, Noia, 11 e 12 febreiro
Auditorio Municipal, Vigo, 17-18 febreiro
Teatro principal, A Estrada, 3 marzo
Teatro Circo, Albacete, 4 abril
Aula Municipal Cultura, Betanzos, 22 abril
Centro Cultural Avenida, A Rúa, 30 abril
Durante o outono 2016 podes ver a obra nalgún destes escenarios:
Pazo da Cultura, Narón, 17 setembro
Casa da Cultura, Boiro, 30 setembro
Teatro Área Panorámica, Tui, 7 outubro
Auditorio Casa da Cultura, Vimianzo 8 outubro
Casa a Cultura, Picota-Mazaricos 15 outubro
Pazo da Cultura, Carballo 21 outubro
Auditorio Gabriel García Márquez, Oleiros 22 outubro
Casa da Cultura, Outes 29 outubro
Auditorio Municipal da Xuventude, Cambados 30 outubro
Casa da Cultura, Bertamiráns-Ames 11 novembro
Teatro Pastor Díaz, Viveiro 12 novembro
Centro Cívico Cultural, Arteixo 18 novembro
Auditorio Municipal, Vilagarcía 26 novembro
Teatro Lauro Olmo, O Barco 2 decembro
Teatro Principal, Santiago de Compostela 8, 9, 10, 11 decembro
Teatro Principal, Pontevedra 15 decembro