Seguimos rescatando vídeo-documentos dos inicios de Chévere, no ano que se cumpre o 25 aniversario da compañía. Hoxe deixámosvos unha reportaxe da TVG, con aquel seu estilo tan propio dos 80, sobre Supersonic. Un trepidante espectáculo de 1988 que empezou na rúa para logo instalarse nas salas. Unha visión disparatada, irreverente e iconoclasta dun texto de Josep María Bernet (Supertot), que se convirte nunha homenaxe escénica ao disparatado mundo dos comics.
Supersonic: o mal non acouga
Gústalle(s) a 5 persoas
5 comentarios
Fai login ou rexístrate para poder comentar
Iñigo:
muchas gracias por el dato :-)
xron:
Ola Iñigo, esta montaxe era unha versión totalmente libre do texto de Benet i Jornet inzada de xogos de palabras, xiros e chascarrillos moi galegos, usouse algunha das cancións orixinais, pero a banda sonora era un pastiche no que entraban cancións de taberna, música que estaba de moda a finais dos oitenta e pop sicodélico.
Iñigo:
hola! ¿además del libro de Benet i Jornet se utilizaban las canciones originales de Pere-Josep Puértolas o se suprimieron para este montaje y se hacía sólo el texto?
Blanca Cendán:
a verdade e k ver como se tiraba john dende as alturas era moi emocionante.
as veces mancabase pero daballe igual. O supersonic foi a miña entrada en chevere... gladys o meu personaxe ..non foi unha ilusión.. a cancion dela . sen musica en directo ainda, cunha especie de musica makinillo jajjajja
as veces mancabase pero daballe igual. O supersonic foi a miña entrada en chevere... gladys o meu personaxe ..non foi unha ilusión.. a cancion dela . sen musica en directo ainda, cunha especie de musica makinillo jajjajja
Xacobe Martínez Antelo:
A primeira cousa que vin de Chévere foi este Supersonic. Lembro perfectamente a John tirándose cunha corda desde os balcóns do Principal... non sei en que ano sería. Eu calcúlolle que tería 13 aniños... A sensación que me levara é que estes tipos montaban todo aquilo cunha soa intención: pasalo o millor posible.... Grazas á miña nai por levarme ó teatro tanto e dende tan peque...