Na nosa última incursión arqueolóxica ao arquivo de Chévere dimos con esta peza do ano 88: o vídeo da presentación dos produtos Chévere feita en decembro do 88 no mítico Número K de Santiago. Pase de modelos dos personaxes de Supersonic, petiscos de danza ou avance de diálogos para unha serie sobre o marisqueo salvaxe titulada Berberechévere. En fin, unha festa.
Tamén está gravado o público. Alguén se recoñece?