Finalmente deixámosvos un dos grandes éxitos da última Ultranoite. A peza "Media ducia de lerchas de verdade" (#6lerchas) amosa o hipotético encontro entre seis incisivas entrevistadoras e un Alberto Núñez Feijoo encarnado por Carlos Meixide ao borde do ataque de nervios. Quen sexa habitual de Intereconomía recoñecerá a homenaxe a ese grandioso programa de investigación xornalística: 12 Mujeres sin Piedad. Con Arantza Villar, Manuel Cortés, Patricia de Lorenzo, Mónica García, Miguel de Lira, Xron e Carlos Meixide.
Seis lerchas de verdade
Gústalle(s) a 4 persoas
5 comentarios
Fai login ou rexístrate para poder comentar
Nuno:
Debo poñer un punto de crítica nesta parodia. A caracterización de Alberte non está moi lograda: colocaba todos os pronomes correctamente.
Juancho Gianzo:
Ainda sigo en estado de shock
Patricia de Lorenzo:
É real, é. Aportacións do momento da gravación....
Aínda está a xente recuperándose.
Javier Abraldes:
¿E o de Miguel é real, ou é atrezzo?
Javier Abraldes:
Estades todas guapísimas