Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo

Sen ir máis lonxe, de Roberto Vidal Bolaño

Celebramos o Día das Letras Galegas ofrecéndovos unha pequena xoia rescatada do arquivo da Nasa, gravada no 1999: a obra Sen ir máis lonxe, de Roberto Vidal Bolaño, compañeiro de escenarios de Chévere e tertuliano da barra da desaparecida Nave de Servicios Artísticos de Santiago. Ademais, para renderlle homenaxe a Roberto, fomos cos Chévere a Vista Alegre, barrio do que era orixinario, para lembrármonos del. Agardamos que gocedes co resultado!

Insertar

Roberto Vidal Bolaño actuando na Ultranoite (1999)

Este 17 de maio dedícaselle o Día das Letras Galegas a Roberto Vidal Bolaño, habitual dos escenarios da Nasa e compañeiro de Ultranoites. Para celebralo, no mes de abril Chévere percorreu Galicia coa Ultranoite do Aquí, coa que tentamos imaxinar como vería el os tempos nos que vivimos hoxe: que faria con todo este lío de sotanas que asulaga a catedral de Santiago? Que pensaría de todo o que foi acontecendo na vida cultural galega desde que morreu? Como se tomaría isto de que lle dedicasen o Día das Letras Galegas a él antes que a Carlos Casares? Como actuaría diante do esperpento no que se ten convertido o concello de Compostela onde naceu?

E aproveitamos para rescatar estas imaxes dun número que Roberto fixo na Ultranoite Peregrina do ano 1999, que él titulou Oración ao Apóstolo.

4 comentarios

Ines Portela
Ines Portela: e a pena foi que se nos foi moi pronto... demasiado. Tanto que ao final non puido ir a ver a de Fraga, como di no video.
|
Patricia de Lorenzo
Patricia de Lorenzo: Estou dacordo
|
doramar
doramar: Estaría ben velo na homenaxe de outubro...
|
Patricia de Lorenzo
Patricia de Lorenzo: Con vídeos coma este só se pode pensar "menos mal que existe a redenasa". Moi grande, Roberto.
|