Roberto Alonso compaxina o traballo na súa compañía de danza coa participación como director coreográfico e de movemento en espectáculos teatrais, óperas e tamén ten colaborado con xente como The Chanclettes, La Terremoto de Alcorcón, Pedro Almodóvar e Lorenzo Caprile.
Esta peza, baseada en experiencias persoais do propio Roberto Alonso, fala da crueldade e da exclusión daqueles que sentimos diferentes.