Capítulo 9 de Radio Universo
Radio Universo
"Século XXL. Galicia é o único país do Planeta onde os niveis de clonación alcanzan a perfección máis alá do clon número 200 da mesma persoa, feito este que a converte nunha potencia mundial. CLONTINENTE, a empresa creada polo Eterno, anexionou a Xunta de Galicia, da que só se conserva o nome e as subvencións".
Radio Universo é un serial creado para a radio por encargo da Alternativa 2002, un festival organizado pola Sala Nasa e o Teatro Galán, que foi emitido pola Cadena Radio Noroeste ao longo de 10 días. Foi escrito colaborativamente entre Paula Carballeira, Carlos Santiago, Manuel Cortés e Xron, que tamén deron voz aos personaxes xunto a Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo e Txiqui Pereira. Da edición de son ocupouse a COH3, con Xurxo Pinheiro e Hevi nos controles.
Radio Universo conta a viaxe da primeira nave espacial tripulada por galegos: a Lalín 2000, que despega desde a lanzadeira Evax1 no Monte Gaiás para demostrar empiricamente a curvatura do espazo.
Radio Universo. Capítulo 9
Gústalle(s) a 1 persoas
1 comentarios
Fai login ou rexístrate para poder comentar