Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Audio

Radio Universo

"Século XXL. Galicia é o único país do Planeta onde os niveis de clonación alcanzan a perfección máis alá do clon número 200 da mesma persoa, feito este que a converte nunha potencia mundial. CLONTINENTE, a empresa creada polo Eterno, anexionou a Xunta de Galicia, da que só se conserva o nome e as subvencións".

Radio Universo é un serial creado para a radio por encargo da Alternativa 2002, un festival organizado pola Sala Nasa e o Teatro Galán, que foi emitido pola Cadena Radio Noroeste ao longo de 10 días. Foi escrito colaborativamente entre Paula Carballeira, Carlos Santiago, Manuel Cortés e Xron, que tamén deron voz aos personaxes xunto a Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo e Txiqui Pereira. Da edición de son ocupouse a COH3, con Xurxo Pinheiro e Hevi nos controles.

Radio Universo conta a viaxe da primeira nave espacial tripulada por galegos: a Lalín 2000, que despega desde a lanzadeira Evax1 no Monte Gaiás para demostrar empiricamente a curvatura do espazo.

  • Anterior
  • Seguinte
Insertar

Radio Universo. Capítulo 5

Capítulo 5 de Radio Universo

2 comentarios

Patricia de Lorenzo
Patricia de Lorenzo: A publicidade de "Hai que ir morrendo" é fantástica. Quizáis teña que ver co que pretenden facer agora con nós. Pero por que nos daría por facer un anuncio de deterxente chamado "Deteruel"?
|
Javier Abraldes
Javier Abraldes: Este Froilán me carga un huevo...
|