Onte celebrouse a gala dos María Casares, e Chévere confirmou con cinco premios as oito nominacións que recibira hai un mes. Finalmente Citizen recibiu os premios á mellor música orixinal, actriz secundaria, actriz protagonista, dirección e mellor espectáculo. Ademais, os actores, as actrices e a xente de teatro recoñeceu o labor e o significado da Sala Nasa para a cultura escénica galega co Premio de Honra Marisa Soto e cunha ovación de varios minutos.