Para unha persoa de barrio chungo e gris, como son eu, un soño cumprido é poder enredar nun xardín propio. Nas prantas tamén funciona a lei do máis forte, pero grazas á miña intervención..., cambia o conto.
A Carnasa é unha sección dedicada cada semana a un artista distinto, que terá que amosar en sete micro-vídeos (un para cada día) algúns aspectos da súa vida menos pública. O autorretrato íntimo do artista como carnada para atraer á redenasa o peixe que frecuenta estes caladoiros.