Durante oito anos, a Nasa acolleu nas tardes e noites dos xoves os Seráns, unha oportunidade para que os afeccionados á música e á danza tradicionais galegas quedasen para cantar e bailar, e para que os non iniciados aprendesen como botar un solto. Pouco antes de que pechase a Nasa fixemos esta reportaxe sobre todos os que participaban nesta iniciativa.