En abril de 2010 celebrouse na NASA un concerto tributo a Radio Océano, unha banda mítica dos oitenta en Galiza. O grupo punk que equilbraba desde a Coruña o influxo de Siniestro Total. O grupo galego que foi convidado a participar en Eurovisión e soubo dicir que non. O grupo que daquela xa cantaba en galego, que cantaba algunhas cancións con textos do poeta Lois Pereiro... E neste concerto, máis de vinte anos despois da separación da banda, contamos con todos os seus membros orixinais e cun lote de convidados: Os 3 Trebóns (Xurxo Souto, Fran Amil), responsables máximos desta liada, Leo i Arremecaghona, Antón Reixa, Uxía Senlle, Julián Hernández, Miguel Costas, Antón Losada...