Hai moitos anos, nos comezos de Chévere, o xeito que tiña a compañía de captar público era ilo buscar a onde estivese. Por exemplo, se queres que vaian ao teatro os estudiantes, ti vas facer teatro a clase facéndote pasar por estudiante. Isto pasou na facultade de Matemáticas aló polo 88, pouco antes da estrea de Supersonic no Teatro Principal de Santiago.