Fátima Miranda posúe unha voz prodixiosa. Tamén é todo un exemplo de tenacidade, curiosidade e capacidade de traballo. Nesta entrevista, que lle fixemos aproveitando a súa actuación na Nasa en abril de 2011, fálanos da súa vida, da arte e de todo o que se pode conseguir con esforzo e dedicación.
Fátima Miranda fálanos do seu traballo
Gústalle(s) a 5 persoas
2 comentarios
Fai login ou rexístrate para poder comentar
marcos ptt:
Unha reportaxe ben chula, molan estas entrevistas, este tipo de material é moi estimulante e necesario, parabéns. E a Fátima outro tanto!
Patricia de Lorenzo:
Que entrevista tan interesante... parabéns a Redenasa. Canta razón ten cando di que despois do NON aparecen os SÍES. Identifícome con bastantes cousas que di esta artista.