Redenasa.tv e o Grupo Chévere veñen de incorporar á colección Ultratextos Documenta o libro-dvd De Parto a Omega, 10 anos de improvisación libre; un percorrido polas prácticas experimentais ligadas á improvisación musical que acolleu a Nasa ata 2011. De momento, o libro está xa á venda en Santiago (Follas Novas, libraría do CGAC, Quiosco Ártico-rúa do Villar, Tenda A Reixa e Discos Gong a partir de hoxe), en Vigo (libraría do MARCO), e en internet (www.toupa.net ). Mentres, deixámosvos con esta entrevista a Patxi Valera realizada no derradeiro concerto da OMEGA na Nasa.
Dende o Centro de Novas Tecnoloxías do Pico Sacro, ofrécennos a seguinte información sobre o libro, que inclúe textos inéditos de Lloréns Barber, Chema Chacón, Wade Matthews, Patxi Valera e Marcos Lourenzo. E ademais, un DVD con vídeos e audios de Parto, o Aquófono e OMEGA.