Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo
Insertar

De Parto a Omega (presentación en Sargadelos)

Redenasa.tv e o Grupo Chévere veñen de incorporar á colección Ultratextos Documenta o libro-dvd De Parto a Omega, 10 anos de improvisación libre; un percorrido polas prácticas experimentais ligadas á improvisación musical que acolleu a Nasa ata 2011. De momento, o libro está xa á venda en Santiago (Follas Novas, libraría do CGAC, Quiosco Ártico-rúa do Villar, Tenda A Reixa, Sargadelos e Discos Gong), en Vigo (libraría do MARCO, librería Versus), Ourense (Librearía Torga). Tamén en internet: www.toupa.net. Deixámosvos este vídeo da presentación de onte en Sargadelos, coa intervención de Xesús Ron, Patxi Valera, Luis Alberto Legido e Pablo Orza.

1 comentarios

Pablo Rega
Pablo Rega: ..eh???????????
|