Santiago Cortiñas "El Kiki" é un cantaor flamenco de Lugo que chegou á Nasa con apenas 11 anos para sorpresa e goce de todos os afeccionados. Agora anda xa perto dos trinta e conta con dous discos publicados, o máis recente de 2009, no que se achegaba ao funky e á música brasileira. Pero nos seus comezos o que facía era un flamenco máis puro, como podedes ver neste vídeo, que recolle unha actuación de 1996 na Nasa, acompañado por Cuchús Pimentel (guitarra), Marcos Teira (guitarra) e Pedro Onieva (percusión).
El Kiki
Gústalle(s) a 1 persoas
1 comentarios
Fai login ou rexístrate para poder comentar
Patricia de Lorenzo:
Pero que arte tiña este rapaz...