Rede Nasa
Ultranoite no País dos Ananos
Este ano cúmprense dúas décadas dende a celebración da primeira ultranoite; vinte anos ininterrompidos durante os que Chévere subiu aos escenarios para escribir a crónica de Galicia a través deste cabaré irreverente e perralleiro. Hoxe, en abril de 2014, Chévere quérelle render homenaxe a este xénero que xa asume como propio e ao que tanto lle debe a través da Ultranoite no País dos Ananos, un cabaré nihilista que bebe da obra de Celso Emilio e da de Jonathan Swift para facer un percorrido satírico por este paseo marítimo que chamamos Galicia. Para saber máis, entra...
-
SÓ HAI UNHA ESCENOGRAFIA PERO TIÑAMOS MÁIS
Manuel Cortés:Sigamos revisando a historia. Nos albores dos ananos habia unha idea de escenografía que consistía en construir un teatriño que servise de escenario dentro do propio escenario. Un teatro a escala coas súas bambalinas, patas, telón de boca, tremoia, etc. dentro do cal se representarían os números. E fóra do cal tamén pasarían cousas: o público podería ver os cambios e as transicións dos propios actores e actrices dun lado a outro e as subidas e baixadas dos diferentes telóns escenográficos que tamén se pensaba que podía haber. Era bonito. E se non botádelle unha ollada ao esbozo analóxico de, unha vez máis, Carlos Alonso.
Fai login ou rexístrate para poder comentar