Rede Nasa
Ultranoite no País dos Ananos
Este ano cúmprense dúas décadas dende a celebración da primeira ultranoite; vinte anos ininterrompidos durante os que Chévere subiu aos escenarios para escribir a crónica de Galicia a través deste cabaré irreverente e perralleiro. Hoxe, en abril de 2014, Chévere quérelle render homenaxe a este xénero que xa asume como propio e ao que tanto lle debe a través da Ultranoite no País dos Ananos, un cabaré nihilista que bebe da obra de Celso Emilio e da de Jonathan Swift para facer un percorrido satírico por este paseo marítimo que chamamos Galicia. Para saber máis, entra...
-
Os ananos e a comida
Redacción Chévere:Manuel Cortés fálanos hoxe dos ananos e os seus gustos en materia de comida: ante todo cantidade, e se é en grupo, tanto mellor.
Gústalle(s) a 2 persoas
Fai login ou rexístrate para poder comentar