Rede Nasa
Eurozone
Eurozone
Abrimos este espazo para transparentar o proceso de traballo de Eurozone, a nova obra dos Chévere. Para que podas entrar e compartir probas, erros, dúbidas e solucións que van aparecendo cada día. Un espazo onde poderás interactuar cos actores e actrices da obra e seguir o desenvolvemento dos ensaios a través dos diarios de cada un deles. No Blog de Eurozone tamén atoparás información sobre os materiais xerados, sobre convocatorias, ensaios abertos, datas de estrea e funcións da obra.
-
Xron:O xoves tivemos un coloquio co público despois da función. Quedaron unhas trinta persoas e estivemos conversando durante máis dunha hora. Nada máis empezar dixeron cousas moi bonitas do traballo, despois falamos un pouco de todo, pero é curioso como se repite a mesma pregunta sobre a posibilidade dunha censura por estar programados no CDN cun espectáculo coma este.
Gústalle(s) a 1 persoas
Fai login ou rexístrate para poder comentar