Rede Nasa
Eurozone
Eurozone
Abrimos este espazo para transparentar o proceso de traballo de Eurozone, a nova obra dos Chévere. Para que podas entrar e compartir probas, erros, dúbidas e solucións que van aparecendo cada día. Un espazo onde poderás interactuar cos actores e actrices da obra e seguir o desenvolvemento dos ensaios a través dos diarios de cada un deles. No Blog de Eurozone tamén atoparás información sobre os materiais xerados, sobre convocatorias, ensaios abertos, datas de estrea e funcións da obra.
-
Patricia de Lorenzo:Sorpresón. O día da estrea pola mañá apareceu polo teatro un dos nosos escenógrafos e escultores favoritos, Nico Nubiola, que traballou con nós en Valle Inclán Pirata e Clownfutbol e que expuxera na Nasa hai moitos anos. Andaba de paseo por Madrid con Jessica e os seus fillos Emilia e Darío, que se quedaron pola tarde a ver a función. Unha alegría máis nesta cidade.
Fai login ou rexístrate para poder comentar