Rede Nasa
Eurozone
Eurozone
Abrimos este espazo para transparentar o proceso de traballo de Eurozone, a nova obra dos Chévere. Para que podas entrar e compartir probas, erros, dúbidas e solucións que van aparecendo cada día. Un espazo onde poderás interactuar cos actores e actrices da obra e seguir o desenvolvemento dos ensaios a través dos diarios de cada un deles. No Blog de Eurozone tamén atoparás información sobre os materiais xerados, sobre convocatorias, ensaios abertos, datas de estrea e funcións da obra.
-
Xron:Despois de catro días de parón pola viaxe a Madrid, hoxe retomamos os ensaios. Facía falta airearse un pouco, distanciarse do día a día dos ensaios e entrar noutra dinámica. Agora voltamos con máis forzas para o empurrón final, que será duro. Primeiro gravaremos unha promo para as funcións en Teo e logo vai tocar montaxe técnica e un pase para facer memoria de todo.
Fai login ou rexístrate para poder comentar