Rede Nasa
Eurozone
Eurozone
Abrimos este espazo para transparentar o proceso de traballo de Eurozone, a nova obra dos Chévere. Para que podas entrar e compartir probas, erros, dúbidas e solucións que van aparecendo cada día. Un espazo onde poderás interactuar cos actores e actrices da obra e seguir o desenvolvemento dos ensaios a través dos diarios de cada un deles. No Blog de Eurozone tamén atoparás información sobre os materiais xerados, sobre convocatorias, ensaios abertos, datas de estrea e funcións da obra.
-
Xron:Unha das primeiras improvisacións feitas en grupo para poñer en práctica o tipo de narración que queremos facer. O actor, a actriz, non só actúa, senón que sobre todo vai contando como é a súa maneira de operar en escena, cales son as súas referencias, como vai dicir a seguinte frase e por qué... Facelo só non deixa de ser a maneira natural de contar calquera historia, pero facelo en grupo supón todo tipo de problemas para que se entenda algo e para manter o interese do público. A dúbida é se ao desmantelar a ficción do tempo teatral, con todo o que iso supón, perdemos o interese e a complicidade do público ou a reforzamos.
Gústalle(s) a 2 persoas
Fai login ou rexístrate para poder comentar