Xron:
Esta é doutro personaxe distinto, é máis longa, pero tampouco ten desperdicio: "O capitalismo non é o curto prazo, é o longo prazo, a acumulación de capital, o crecemento a longo prazo. O capitalismo non é a primacía do especulador. É a primacía do emprededor, a recompensa do traballo, dos esforzo, da iniciativa. O capitalimso non é a disolución da propiedade, a irresponsabilidade xeralizada. O capitalismo é a propiedadde privada, aresponsabilidade individual, o compromiso persoal, é unha ética, unha moral, institucións. De feito, o capitalismo posibilitou o extraordinario auxe da civilización occidental desde hai sete séculos. A crise financeira que vivimos hoxe, meus queridos compatriotas, non é a crise do capitalismo. É a crise dun sistema que se ten afastado dos valores máis fundamentais do capitalismo, que traicionou o espírito do capitalismo."
Quen pode estar detrás desta profunda reflexión sobre o capitalismo?
Rede Nasa
Eurozone
Eurozone
Abrimos este espazo para transparentar o proceso de traballo de Eurozone, a nova obra dos Chévere. Para que podas entrar e compartir probas, erros, dúbidas e solucións que van aparecendo cada día. Un espazo onde poderás interactuar cos actores e actrices da obra e seguir o desenvolvemento dos ensaios a través dos diarios de cada un deles. No Blog de Eurozone tamén atoparás información sobre os materiais xerados, sobre convocatorias, ensaios abertos, datas de estrea e funcións da obra.
-
Xron:Probando a buscar discursos públicos dos nosos oligarcas favoritos, atopei esta frase para a historia dunha das figuras máis relevantes da política europea dos últimos trinta anos, quen será? “Combatemos para amosar que a agresión non é proveitosa, e que aos bandidos non se lles pode permitir que obteñan o seu botín.”
Gústalle(s) a 2 persoas
2 comentarios
Fai login ou rexístrate para poder comentar
Juancho Gianzo:
A segunda frase deixoume especialmente flipado. ¿Quen son os lumbreiras?